domingo, 10 de febrero de 2013

LEÓN e RON

Onte fomos á aldea e visitamos  aos  nosos cans  León e Ron. Bueno non son nosos pero un pouquiño si. Xa sabedes que tiñamos outro can chamado Zar pero morreu e trouxemos a León para que Ron non estivese só. Botamos moito de menos a Zar. León é un mastín e ainda ten 5 meses pero é enorme e moi bonito. É bastante tranquilo  pero quere xogar e para chamar a atención morde a roupa. Gústanvos Ron e León?






lunes, 4 de febrero de 2013

Cadáver exquisito.

Grazas á nosa amiga Carla de O Corno do Boi, xa sabemos que é un cadáver exquisito en literatura. É un conto ou unha historia feita por varias persoas. É moi divertido e nós e a primeira vez que o facemos, a ver que tal nos sae. Carla e Mimadriña propóñennos participar na súa historia do paxariño. Se pinchades aquí podedes ler a primeira e segunda parte. Agora nós continuamos:

Levaballos ás  súas crías porque pensou que con esa tortilla de seguro que estarían moi ben alimentados. María tivo curiosidade por ver o niño enton seguiu ao estorniño ata que chegou ao faiado. Cando viu o  niño e todas aquelas  crias quedou abraiada, non era quen de entender como  poideran sobrevivir tan pequeniños e con tanto  viruxe e, ainda por riba, cunha á maliña. O primeiro que se lle ocurriu ao ver aquelo foi intentar curarlle a á con betadine pero douse de conta que non era tan doado porque o óso estaba roto.




sábado, 5 de enero de 2013

O conto de Martiño.

Este conto é o preferido de mamá e a nós tamén nos gusta bastante. Divertímonos moito contandoo e a nosa amiga Isa despois fixo este video. Esperamos que vos guste.


FELIZ NOITE DE REIS!!!

lunes, 26 de noviembre de 2012

PARTIDO DE BALONMÁN



O sábado fomos a un partido de balonmán a Camariñas do equipo Conservas Boya, que entrena o noso pai. Ao principio estaban xogando bastante mal e creíamos que ían a perder pero foron mellorando. Ao final ganaron por bastantes goles de diferenza pero non nos acordamos do resultado exacto. Pero o importante do deporte non é gañar sempre, senón pasalo ben e divertirse facéndoo. Nós somos bastante deportistas. Pasámolo moi ben!

domingo, 25 de noviembre de 2012

As cookies de Merchi


A nosa tía Merchi e unha fantástica cociñeira e sempre nos da receitas moi  ricas. A ela sempre lle saen ben pero a mamá non sempre porque mamá ten moita présa por facer as cousas. Estes son os ingredientes, bueno falta unha cousa na foto: un ovo batido. A ver que tal nos saen.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Croissants ricos, ricos...

Onte, sábado pola tarde fixemos esta receita. É moi faciliña e están moi ricos, se mirades o video veredes  que fácil é. Gústanos moito cociñar e tamén facer videos, grazas a Carla e o seu Corno do Boi, que fai uns videos que nos encantan. A ver si agora a nosa nai se anima a axudarnos a facer máis videos. Esperamos que vos guste a receita e o video.

                      

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Semana da Ciencia




Estamos na semana da Ciencia. Por iso durante toda esta semana a entrada é gratuita na Domus, na Casa das Ciencias e no Aquarium. Ao mellor vémonos por alí!